A Cía. ASACOCIRCO transforma calquera espazo nun pequeno gran novo circo, onde a risa, o risco e a espectacularidade están garantidas en todas as súas actuacións, conseguindo deste xeito que o público de todas as idades o pase en grande.
ASACOCIRCO formouse no 2007, a Compañia esta composta por dous artistas apaixonados polo mundo do Circo que xuntaronse despois da sua traxectoria artística. Joao Alvim formado en técnicas de Decroux, Danza, Clown, Malabares, Teatro Fisico, Acrobacias e traballado no Circo Bolshoi (Brasil) por 6 meses para actuar co seu numero de malabarismo con lume e danza. Miriam Crespo, formada en técnicas de clown e malabares con profesores como; Nanny Cogorno, Sergi Claramunt, Jango Edwards, Walter Velasquez, Pierre Biland, Stefan Sing, Jose L.Ruiz (Belga), e traballado para a gravación do dvd; ca sua interpretación teatral "Un dia de treboada" publicado xunto co libro.
Investigaron, crearon, viaxaron, riron e tamen choraron ata conseguir o que hoxe é o seu último espectáculo "Casal em risco" presentado en diversos festivais de teatro e circo de rua.
11:00H OBRADOIRO PRA APRENDER XOGAR Ó FUTEBOL-CHAPA. INSCIPCIÓNS
11:30H ABERTO GALEGO DE FUTEBOL-CHAPA. CLASIFICACIÓNS.
12:30H PRESENTACIÓN DA LNB E A FEDERACIÓN GALEGA DE FUTEBOL-CHAPA.
13:00H ZURRUMALLA (CONCERTO)
15.00H MOSTRA ARTESANIA
16:00H OBRADOIRO PARA CATIVOS
16:00H OBRADOIRO FORXA
16:00H I ABERTO DE BILLARDA CONCELLO DE MANZANEDA.
17:00H SEMIFINAIS E FINAL DO ABERTO GALEGO DE FUTEBOL-CHAPA.
18:00H ASSIRCOPATAS (NOVO CIRCO)
19:00H ASSACOCIRCO (NOVO CIRCO)
20:30H KUMPANIA ALGAZARRA (PASARRÚAS)
CONCERTOS
KING MOKADI
GÜINTERVAN
KUMPANIA ALGAZARRA
CUCHUFELLOS
EL GADZE (R.I.O.T. PRODUCTIONS)
Presentamos a III edición do festival A Rebusca,unha iniciativa da A.C. A Rebusca, que dende 2009 ven celebrando este evento ,co fin de achegar a cultura ,e dinamizar unha das zonas mais desfavorecidas do noso pais.
A III edición contará con numerosas actividades , concertos,pasarruas,novo circo,obradoiros.....
O festival é totalmente gratuíto,e celébrase na vila de Manzaneda (Ourense) o día 12 de Novembro.
As actividades celebraranse nunha carpa climatizada con capacidade para 1000 persoas , e nas instalacións do polideportivo municipal.
O festival contará con todos os servizos necesarios para o seu bo funcionamento: baños públicos, zona habilitada para dormir no polideportivo, parking, zona autocaravanas, comida, bar.....
Dende A Rebusca animamos a todos a participar e desfrutar das actividades ,e das estupendas xentes e paisaxes
do pais do bibei.
cartaz.pdf
Compartir coche e viaxar xuntos barato e ecolóxico aforrando CO2 e gastos de peaxe e gasolina. Comuto é un buscador de viaxes en coche compartido.
Manzaneda (Ourense)
Tel: 661423762
Email:festival_arebusca.com
circo (lat. circu(m), id.) s.m. 4. fig. Situación confusa e desordenada
psicópata (de psico- + -patía) s. 2. Persoa cun comportamento en desacordo coas normas sociais admitidas como normais para a idade, sexo, época etc., á que pertence.
asSircópatas podería ser perfectamente a combinación destas dúas definicións. Pero imos ser claros.
asSircópatas leva na rúa dende 2003. Medra sen presa e sen pausa.
Atopa na rúa e no circo, o espacio e a ferramenta para partillar algo que non quere quedar dentro. Ese algo é a súa forma particular de ver o mundo, o humor, a vida, os conflictos, as solucións... Sempre coa teima de facelo dun xeito libre, real, absurdo, intelixente, diverso, cheo, estúpido, reflexivo, actual, novo...
Así, transformando rúas en teatros e teatros en rúas, e usando os elementos do circo en clave teatral, vai desenrolando o seu SIRCO.
Ésta é a Historia de catro músicos profesionais que se xuntaron para tocar o que
realmente lles gusta, ca idea a priori de levar o proxecto en paralelo ós outros proxectos
musicais. Güintervan, automaticamente convirtese nun soño feito realidade: tocan o que
queren e o público os quere. Disfrutan máis que nunca nos seus concertos.
A excéntrica mistura de melodias balcánicas, ritmos máxicos, harmonias infernais
velocidade extrema e letras en galego é a seña de identidade do grupo.
A gran potencia e a expresión da voz tenor de Iván van Güinter pon en manifesto un
sentimento nas cancións o que so se chega con moitos anos de estudio. Como si esto
fose pouco, á vez toca o contrabaixo creando unha firme base na que se asentan as
cancións.
Roi Alexandre Van Güinter é un fenómeno que ninguén deberia perderse. Percute a
bateria cunha destreza nunca tal vista,. Non deixa a ninguén sentado na sucesión de
ritmos, intensidades e velociades ó largo do concerto. A súa ampla variedade
representase en ritmos balcanicos, swing, drum&bass, punk, ska, latino etc
Isaac Van Güinter está noutra galaxia. Exquisito do oido, busca sons inexplorados
anteriormente para fundilos e crear efectos que que nos transportan o seu mundo de
ensoño. Este gran maestro das cordas sorprendenos ca súa guitarra e bouzouki para
crear harmonias frescas e pegadizas que xogan e se entralazan ca melodia na que el
mesmo moitas veces participa.
Esta melodia ten a súa representación maior en Harry van Güinter, o cal, pese a nacer co
violiño entre os dentes e en Londres, tamén interpreta a Gayda como se dun búlgaro se
tratase. As melodias son enrevesadas e a velocidades vertixinosas. Aquí é onde Harry
demostra que nunca fixo outra cousa que tocar o violiño.
A proba de todo o dito está no disco gravado en decembro de 2010, “Mundo Loco”.
Referencias: Quempallou, Macfeck, Aran, Son de Seu, Susana Seivane, Anxo Lorenzo,
Faltriqueira, Fuxan Os Ventos, A Roda, Covalblue, Oscar Ibañez, Briganthya e mais.
Cuchufellos é unha banda multicultural afincada na Republica Independente do Macizo Central,formada por 10 musicos incontrolables, inconformables e inclasificables .
Trompeta ,saxos ,Baixo,guitarra, ,acordeon e percusión son as suas armas de diversión masiva,que utilizan para cumplir a sua misión, facer de cada concerto , unha festa.
Teñen tocado en numerosos festivais Galegos e e de fora dá galiza ( Barcelona ,Madrid, Burgos, Leon...) destacando a súa participación en festivais como Reperkusion,Revenidas,Demandafolk,Son de Meiga, compartindo cartel con grandes nomes do panorama musical nacional.
En 2009 presentan ou seu último traballo Achegaivos fregueses, 11 temas en galego, que van dende vos balcans ata manzaneda , nunha viaxe cargada de ritmos frenéticos.
O DJ set de El Gadzé é uma xícara de chá a ferver, que pode ser bastante excitante ou extremamente relaxante .. ou os dous ao mesmo tempo. Como um chá negro cortado com camomila ou vice-versa.
Reggae / Dub, Gypsy/ BalkanBeats, Breakz, Swing / Punk, Afrobeat / Latina, Hip Hop Fusion / Experimental, Roots / Folk, Chill Out / Lounge, Ska / Funk, Xtreme Music, etc etc etc ..
Mais en lugar dos xéneros definindo a música, é a música re-definindo os xéneros
Aquí podes escoitar algo do seu traballo.
Entre as prostitutas, ladróns e homes de extranas artes nun bar do Cais do Sodré (o bairro vermelho de Lisboa), King Mokadi é fundada por unha diversa rede de xogadores e amigos da escea musical lisboeta, creando un son cunhas orixes tan diversas como que proceden de Äfica, América, Europa e do mesmo Portugal.
Traendo trad-folk á música dancehall urbana (son que gostan de chamar turbo-trad), King Mokadi reinterpreta músicas tradicionais creando novas músicas e cancións cunha rede trans-europea, árabe e africana. Con instrumentos tan variados como cornos, batería, percusión, eléctricos... King Mokadi pretende fazer sentir o son como na casa...comoa se dun clube de danza se tratara; e partindo desta base King Mokadi fai que se bata o chan a rimo de ska, son balkánico, entolecido funk, duro groove de jazz, mazurkas, brincantes polkas, contoneados pasos salseiros e tradicionais rimos afro.
A música saliu un día a rúa, no ano 2004, en Sintra (Portugal). en forma de brigada anti-rutina, enfeitizados pola musa da festa permanente, empapados de música e animación, dando paso a danza e a boa disposición.A semente plantada nas ruas comenzou a dar os sus frutos, en forma de contrabaixo e outros instrumentos, o que llevaría á banda os escearios. .
Música nómada, multilingüe e universal. nesa mezcla de influencias imos atopandoando as máis diversas sonoridades musicais: furor balcánico, deambulares árabes, calores latinos, recortes de afro-beat, explosions de turbofolk e ska..
Zurrumalla nace como grupo alá por febreiro do 2000, coa intención de dar resposta ás inquedanzas musicais da xente que o conforma. Dende os seus inicios, con ensaios que foron variando de día e de lugar en función da disponibilidade particular, foron quen de crear un pequeno mundo arredor da música da terra, nos que se sinten ledos, unidos e satisfeitos. Pretenden disfrutar e dignificar a música do noso país e que a sua xente disfrute e se sinta identificada con ela.
Ao longo de todos estos anos temos tocado nun moi variado número de lugares, buscando sempre ofrecer o mellor que como gaiteiros podemos dar de si.